miércoles, 7 de noviembre de 2012

Cunqueiro, Compostela e o Ribeiro

Si eu lles falara da emoción que sinto ao presentar este noso viño, Casanova, entre estas vellas pedras composteláns, non sabría atopar as verbas para dar cumprida conta do meu sentemento. Acudín a Cunqueiro, esa fiel referencia para explicar o país e as paisaxes do corazón. Don Álvaro viveu en Compostela de estudiante e de poeta; bebeu o viño que chegaba baixo o arco de Mazarelos e contou das tabernas e as suas xentes. ¡Qué mellor cicerone para anda-las ruas e cata-los ribeiros!.
Acóllenos, na emblemática rua do Vilar, a Galería Sargadelos. Non foi casual a elección: cumprimentamos a Isaac Díaz Pardo, neste ano do seu pasamento e a Valentín Paz Andrade, no solpor do seu agasallo nas Letras Galegas. Ámbolos dous, exemplos de compromiso co país e de confianza no traballo das suas empresas.
Xuntámonos hoxe para celebrar as bondades de este Casanova 2011, considerado polo Consello Regulador da Denominación de Orixen Ribeiro, como mellor viño blanco de este ano 2012. Compostela, Cunqueiro e o viño do Ribeiro pechan un círculo máxico de memoria, sabores, olores e imáxenes que só atopan a súa máxima expresividade cando poden ser vividas e compartidas, como é o caso hoxe, entre amigos.

Luis Carlos de la Peña Arizaga
Compostela, 29 de Outubro de 2012

 
Para a escolma dos textos utilizóuse a edición e selección de artigos de Alvaro Cunqueiro feita por César Antonio Molina, baixo o título “El pasajero en Galicia”, para Tusquets Editores na súa primeira edición no mes de xulio de 1989.

Agradecemos a amabilidade e disponibilidade do equipo de dirección da Galería Sargadelos en Santiago de Compostela para facer posible este acto.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...